viernes, 23 de noviembre de 2012

Premiados no XIII Certame de Relatos Curtos Os Viadutos de Redondela

O premio se convoca anualmente por parte da OMIX de Redondela. Este pasado venres 16 de Novembro ditaminouse a resolución dos gañadores:




1º Premio: Javier González Saavedra, por "A preocupación dos pés quentes". Sobre el, o xurado salienta a súa capacidade de contar unha historia ampla, unha voz incómoda que afonda nas contradicións sociais para informar das circunstancias de todas as relacións humanas.

2º Premio: Pablo Mosquera Pereiro, por "Érase un francés, un italiano, un viaduto e a vila".
Sobre este autor o xurado considera a súa capacidade para relatar a identidade dunha sociedade vilega con todas as súas complexidades.
  
O xurado estaba formado polas escritoras Inma López Silva e mais por Rexina Vega, así como polo historiador Luis García Mañá. Podedes ver aquí a súa resolución.

Noraboa aos premiados!

Publicar un comentario