miércoles, 19 de diciembre de 2012

"A noite do Apalpador" Algunhas cousiñas de interese

Xa estamos todos preparados para recibir a Xurxo Valcárcel e mais a Pepe Carreiro na Biblioteca de Chapela este venres, para que nos falen do libro "A noite do Apalpador", editado polo Concello de Redondela.

E, para ir entrando en materia, presentámosvos dúas interesantes enlaces:
RECURSOS PARA A APRENDIZAXE:


Pois sí, este fermoso libro serviu como material para que dúas profesoras do C.E.P. Santa Mariña de Redondela, Amelia Andión e Patricia Román, elaborasen un interesante recurso para o ensino.

Trátase do seguinte LIM 


Premede AQUÍ ou sobre a imaxe, para ver o recurso. Agrandade o LIM e podedes interaccionar con el, para aprenderlles moitas cousas aos cativos.

 RADIO REDONDELA

Ademáis, podedes xa escoitar a entrevista que lle fixeron ao autor do libro no programa "A Estación" de Radio Redondela (94.9 FM).
(Escoitar o programa completo).


Así que, non vos esquezades! Como xa vos di o Apalpador, tedes unha cita na Biblioteca de Chapela este venres, ás 18:30 h:

Deica o venres!

Publicar un comentario