martes, 25 de diciembre de 2012

Gañadoras e Diplomas do concurso "Debuxa a túa escena favorita"

Gañadoras e Diplomas de honra by Bibliotecas Redondela

O pasado venres,  a Fundación Filomena Rivero e a Biblioteca Municipal de Redondela  entregaron na Sala Infantil da mesma os premios do Concurso "Debuxa a túa escena favorita" , como remate ás celebracións correspondentes á conmemoración do Bicentenario da publicación dos Contos dos Irmáns Grimm. 
O acto, contou coa participación de Telmo Crespo, secretario da Fundación Filomena Rivero, de Mª Elena Becerra, directora das Bibliotecas de Redondela e de Leo Leiño, dinamizadora dos contacontos conmemorativos.

Os premios recaeron en :

Primeiros premios: Yaneli Gonçalves e Minerva Rodriguez
Diplomas de honra: María González, Laura Pérez, Helena Romeu, Antía e Nerea Novelle Molares, María Docampo e Gemma Migueles.
Trala entrega, as galardonadas non quixeron deixar pasar a ocasión de fotografarse coa Coca Simona.
Publicar un comentario