miércoles, 5 de diciembre de 2012

O Club xuvenil de lectura de Chapela visita Radio Redondela





Club xuvenil de lectura de Chapela en Radio Redondela, preme no enlace para ver o álbum en Flickr.

IMG_0144Os rapaces do Club de lectura de Chapela levan unhas xornadas traballando cos Irmáns Grimm. E é que eles tamén se sumaron a participar no homenaxe a estes dous grandes contistas que, no 200 aniversario da súa publicación "Contos da infancia e do fogar", as Bibliotecas lles están a facer durante todo este mes.

Na sesión da pasada semana, en Chapela, os membros do club coñeceron a estes dous grandes recopiladores da cultura oral do seu tempo, profundizando no seu contexto histórico e nas características da fantasía tradicional alemana, que chegou, con eles, a extenderse por todo o mundo. Na sesión relembramos cales eran as súas historias máis coñecidas, e tamén cales foran as que, o 20 de Decembro de 1912, saíron ao prelo dentro da colección "Contos da infancia e do fogar".

E este martes os rapaces do club, xunto con Leo,  a Radio Redondela, onde, xuntos, leron algunhas das máis famosas historias destes escritores.

Queredes saber que historias leron?... Mellor non volo contamos, así as escoitaredes vós mesmos no programa matinal de A Estación

As gravacións destes rapaces teñen previsto emitirse o xoves 13 e mais o xoves 14 de Decembro, ás 12:00 h., pero tamén poderemos escoitalas vía podcast, enlazando no blog de Radio Redondela. Para os máis despistados, non vos preocupedes, porque nós tamén as subiremos ao noso blog.

----------

Esta actividade dos rapaces forma parte da homenaxe que as Bibliotecas de Redondela lles están a facer aos Irmáns Grimm. Xunto a eles, o persoal das bibliotecas, e máis Eva, de Normalización Lingüística e máis Ramón, de Medio Ambiente, aos que lles estamos moi agradecidos, tamén fixeron a súa gravación dunha historia dos Irmáns Grimm, e que será emitida o xoves 20 de Decembro.
Ademáis, dentro desta homenaxe, a Biblioteca Municipal de Redondela está a preparar dous contacontos e mais un concurso de debuxo, para rapaces de diferentes idades (ver máis sobre esto AQUÍ)


No hay comentarios: