viernes, 28 de diciembre de 2012

Resistencia, de Rosa Aneiros, ou a historia épica do Século XX portugués



 Un dos libros ao que nos achegamos nesta tempada no club de lectura de adultos foi esta maravillosa novela de Rosa Aneiros.

Publicada no 2002, Resistencia, percorre ha historia de Portugal ao longo de prácticamente todo o século XX, dende os anos 20 ata os 90, a través duns personaxes situados fundamentalmente no pobo mariñeiro de San Pedro de Moel, (preto de Mariña Grande, na rexión de Leiría).

A autora: Rosa Aneiros
Unha terra salferida de salitre e de arrecendo a mar, un pobo acubillado polos seus piñeiros, que non pode protexer aos seus habitantes dos sucesos terribles do seu tempo (as ditaduras de Salazar e de Marcelo Caetano, a guerra colonial, a represión, as torturas...), pero que os acolle coa chegada da liberdade (a Revolución dos Caraveis).

[Sobre este período da historia portuguesa, podedes consultar este dossier temático, elaborado pola Rede de Bibliotecas Públicas do Concello de Palmela]
Resistencia... é a palabra que define boa parte das accións dos personaxes ao longo da novela:
    Resistencia para manter a chama do amor a pesares das dificultades e das oposicións sociais.
    Resistencia para levar unha vida diferente das convencións do seu tempo...
    E, sobre todo, resistencia dese pobo, en especial, dos nosos protagonistas, para facer fronte ás dificultades ás que lles somete o seu infortunado destino.

Amor, pasión, saudade, dramatismo, inquedanza e dor vértense nesta novela xunto coas mostras de violencia, inxustiza, crueldade e abuso de poder. Só a complicidade dos amantes, e a fe nos ideais, a utopía e a afouteza dos mozos é quen de manter a chama da esperanza, e a forza para defender fervorosamente a liberdade.

Situada nun tempo recente, a novela destila o ton das grandes epopeas: a épica das accións, o malfadado destino, o inexorable, o funesto... percorre cada unha das liñas deste texto que encolleu os corazóns de cada un dos lectores do club. O ton de escritores como Gabriel García Márquez ou Isabel Allende nalgunha das súas grandes epopeas, se nos fixo presente.

Tamén nos gustou o uso, elegante e comedido, sen abusar, de certas repeticións estilísticas para introducir capítulos ou novas accións na trama.


A novela recibiu no ano 2003 o Premio Literario Arcebispo Juan de San Clemente de narrativa. Se trata dun prestixioso galardón literario galego que concede o IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, e que ten a particularidade de que está formado por un xurado composto por alumnos de Bacharelato de este instituto e de varios centros galegos.

A novela que nos ocupou nesta sesión é unha das escasas obras de narrativa galega actual que sitúan a súa acción neste tan querido país veciño. Alexia, a nosa coordinadora do club, grande coñecedora desta materia, recomendounos tamén a lectura destas outras dúas obras de autores galegos, que tamén percorren Portugal ao longo dos seus capítulos.
Están á vosa disposición na biblioteca:
  







No hay comentarios: