sábado, 29 de diciembre de 2012

Sesión especial de Nadal co Club de lectura de adultos de Chapela



O Club de Lectura de Chapela deséxavos a todos un feliz ano 2013



O autor: Herman Koch
  Herman Koch, o inquedante e provocador escritor holandés, aclamado en toda Europa, foi o protagonista da nosa última sesión do ano.  

libro: La Cena







  A súa primeira novela, "La cena", acadou dende a súa publicación un grande éxito, sendo merecedora do Premio do Público e do galardón de Libro do Ano 2009 en Holanda.

Achegamos esta novela ao club para plantexarnos as preguntas que, irremediablemente, nos facemos todos cando lemos un texto tan sobrecolledor e inquedante como este:

 ¿Ata onde pode un pai ou unha nai para defender e protexer ao seu fillo? ¿seriamos capaces de encubrir ás persoas que queremos se sabemos da súa implicación nun crime?

A novela comeza cun sentido do humor mordaz e brillante, moi prometedor, que nos fai pensar en que a crítica ás clases acomodadas holandesas vai ser o tema que conduza a súa trama. Mais o libro é unha continua sucesión de achádegos e sorpresas, de xeito que nada é exactamente como parecía ser nun principio, e detrás de cada acción ou cada xesto dos personaxes latexa un trasfondo máis complexo que iremos pouco a pouco descubrindo.



A violencia, a familia, a educación, a moralidade, ou certas concepcións sociais excluíntes e inmorais son o trasfondo dunha novela que nos sobrecolleu a todos pola súa crueza.


O libro tivo moi boa acollida entre todos os participantes do club, xa que a súa lectura nos atrapou a todos, sen deixar tregua. A pesar delo criticamos certas fallas na trama, xa que ás veces peca de inconsistente e pouco real, e de sacrificar a súa coherencia para pretender provocar maior impacto (como exemplo, sinalaremos a frivolidade con que se trata a enfermidade mental).

O máis positivo da xuntanza foi o debate que suscitou emtre os participantes na sesión, xa que nos deu para falar do papel dos pais na educación dos fillos e a educación que lles damos aos fillos no noso tempo.

Pero non podiamos rematar unha sesión do club previa ao Nadal (sobre todo se estamos a comentar un libro chamado "La Cena"), sen facer un brinde e compartir xuntos riquísimos doces e viandas para festexar a chegada do novo ano.




Así que, despóis de celebralo aquí, volo achegamos a todos neste blog:
DENDE O CLUB DE LECTURA DA BIBLIOTECA DE CHAPELA DESEXÁMOSVOS A TODOS  UNHA BOA ENTRADA NO ANO 2013.

Textos Animados en MuchoGrafico.comTextos Animados en MuchoGrafico.comTextos Animados en MuchoGrafico.comTextos Animados en MuchoGrafico.comTextos Animados en MuchoGrafico.com
Textos Animados en MuchoGrafico.comTextos Animados en MuchoGrafico.comTextos Animados en MuchoGrafico.com
Textos Animados en MuchoGrafico.comTextos Animados en MuchoGrafico.comTextos Animados en MuchoGrafico.comTextos Animados en MuchoGrafico.com
Publicar un comentario