domingo, 6 de enero de 2013

As Bibliotecas con Melchor, Gaspar e Baltasar



As Bibliotecas de Redondela pedímoslles, este ano,  ás Súas Maxestades os Reis , na nosa carta navideña, que nos deixasen acompañalos na súa Cabalgata polas rúas de Redondela e que, como nos gustan moito as sorpresas, deixabamos ao seu bo criterio como facelo.
Canta  foi a nosa alegría cando vimos a un gran libro,  no que ía representado a Coca lectora botando bocanadas polo seu nariz, non de fume senón de contos (dixémoslles na carta que este ano celebraramos ao grande o bicentenario dos contos de Grimm), 
abrir paso ás Carrozas de Melchor, Gaspar e Baltasar.
Tamén soubemos que os seus paxes repartiron marcapáxinas das nosas bibliotecas aos nenos que se achegaron a saudalos.

Moitas grazas ás Súas Maxestades, non poderiamos pedir nada máis bonito.

Ata o próximo ano e Boa viaxe de volta!

No hay comentarios: