martes, 12 de febrero de 2013

Diversión, contos, maxia e disfraces no Entroido da Biblioteca de Chapela

 
 
Este Luns de Entroido a Biblioteca de Chapela se encheu de cativos e adultos disfrazados cos traxes máis variopintos e divertidos, dispostos a gozar cunha sesión de contacontos.
 
Leo Leíño nos trouxo contos moi divertidos, e tamén moitos números de maxia, xogos e bromas, moi apropiadas para un tempo de Carnaval.

E, para rematar, nos agasallou a todos con globos, e cunha choiva explosiva de confeti.

Os rapaces e adultos que quixeron, inmortalizáronse cos seus disfraces diante dun "photo-call" onde Leolo e mais a Coca Simona tamén nos convidaban ao Entroido, e onde Luis, o noso fotógrafo para a ocasión, lles tirou a cada un.
 


Graciñas a todos por vir e... ata a próxima!!




Publicar un comentario