viernes, 19 de abril de 2013

100% CEF: proxección e coloquio



Este documental reconstrúe a biografía de Celso Emilio Ferreiro, autor ourensán ilustre e un dos poetas máis populares e musicados de Galicia e de España, explorando todas as posibilidades expresivas do formato cun produto audiovisual contemporáneo creado a través de testemuñas, lecturas, músicas e intervencións artísticas, coas que convidamos ao espectador a un percorrido moi dinámico e áxil por acontecementos e lugares e espazos decisivos na intensa vida e na extensa obra deste autor universal.
                                 100% CEF. Trailer from asombraproducions on Vimeo.

Nominado aos Premios Mestre Mateo 2013 da Academia Galega do Audiovisual, como mellor traballo documental e presentado pola TVG aos Premios Iris da Academia de las Ciencias y de las Artes de la Televisión de España. A concurso en varios festivais nacionais e internacionais de documental.
Título: 100% CEF (unha biografía de Celso Emilio Ferreiro).
Duración: 60 minutos.
Produción executiva, guión e dirección: Aser Álvarez.
Aquí máis información

   V Semana do Libro, a festa das palabras                            


Publicar un comentario