lunes, 1 de abril de 2013

Contacontos especial polo Aniversario da Biblioteca de Chapela

Xa case achegándonos á celebración do Día do Libro Infantil, o noso amigo Leolo ten para todos e todas unha nova excepcional:
 
O vindeiro Venres 12 de Abril, ás 18:30 h. a Biblioteca de Chapela vístese coas súas mellores galas para celebrar o seu 8º aniversario.

Leo Leíño, os seus contos e a súa maxia estarán connosco, e, por suposto, Leolo nos convidará a todos a máis doce das celebracións.
Viredes acompañarnos neste día? 

Entrada de balde, ata completar aforamento.

No Mes do Libro, no que celebramos as datas do Día do Libro Infantil (2 de Abril, aniversario do nacemento de Hans Christian Andersen) e mais do Día do Libro (23 de Abril, aniversario do pasamento de Cervantes e mais de Shakespeare), faremos con esta actividade un oco para a nosa propia homenaxe.

Publicar un comentario