martes, 30 de abril de 2013

Meigas e bruxas nos contos e nas lendas... con "Leolo mergúllase en Galicia"

De novo volvemos este ano a gozar das actividades ofrecidas para os máis cativos polo alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil, a través do ciclo de actividades Leolo mergúllase en Galicia, que o IES Chapela está a desenvolver estes días na Biblioteca de Chapela.


Conducidos por estas dinamizadoras noveis, formadas no IES Chapela, os cativos e cativas da biblioteca pasaron unha tarde enmeigada e moi divertida, con...
Comezamos co xogo da vasoira
  • Xogos colectivos para coñecer ao Moucho Carroucho.
  • Obradoiros para deseñar cos rapaces cadanseu traxe de bruxa.
  • Un conto sobre as bruxas e as fadas, e como un bo día tiveron que poñerse de acordo.
  • A elaboración dunha pócima meiga e mais o seu conxuro... (que a algúns os que somos máis vellos, nos lembrou a un vello conxuro que se facía para unha pócima que chamabamos QUEIMADA).
Coñecemos e saudamos ao "Moucho Carroucho"














Pasámolo todos moi ben... e voltaremos para este vindeiro venres!!

As pócemas das bruxas non son nada sen uns bos contos de bruxas
A Fada e mais a Bruxa póñense de acordo













Preparamos a nosa pócema enmeigada
Graciñas a todos e a todas por vir!
Publicar un comentario