martes, 14 de mayo de 2013

Leolo e os xogos populares na 3ª sesión do programa Leolo mergúllase en Galicia

  O programa Leolo mergúllase en Galicia, co que o alumnado do CS de Educación Infantil do IES Chapela leva achegando actividades infantiles á biblioteca de Chapela, chegou ao seu fin o pasado mércores.
Nunha nova xornada de diversión e aprendizaxe nas nosas tradicións a sorpresa foi a nota dominante. Leolo, o Contadelo, a nosa imaxe das bibliotecas protagonizou a xuntanza, convertíndose nun dinámico mestre de cerimonias que se ocupaba tanto de presentarlles aos rapaces cada unha das probas como de convidarlles a achegarse á biblioteca a ler moitos libros, ou a asistir ás vindeiras actividades.

Despóis dunha sesión adicada ás lendas populares e mais ás meigas,
E doutra sesión adicada á música tradicional, o folklore e mais ao futbolín...
O noso particular Leolo o Contadelo da pasada tarde
A xeira de hoxe, adicada aos xoguetes e xogos populares estivo chea de contidos variados e, en opinión dos participantes, moi divertidos tamén.
Os rapaces xogaron a embarullarse nun mar azul de lá,
E tamén a contestar a moitas preguntas relacionadas coa nosa comunidade.

 
Construiron o seu propio xoguete con materiais reciclables:
  - Un muíño de papel,
  - Un cabaliño de cortiza

Por último, cantaron cancións tradicionais, xunto aos monitores, pero tamén cos seus pais, nais e/ou avós:

Publicar un comentario