martes, 7 de mayo de 2013

O futbolín e a música tradicional fanse óco entre os máis cativos na Biblioteca de Chapela

Este venres na Biblioteca de Chapela gozamos de novas actividades co programa Leolo mergúllase en Galicia, da man do divertidísimo alumnado de Educación Infantil do IES Chapela, que nos agasallou con actividades moi interesantes, divertidas e novidosas para pasalo ben e aprender moitas cousas.
En primeiro lugar, coñecemos algúns dos aspectos máis salientables do noso folklore.



Logo de coñecer que o futbolín foi un exitoso invento que Galicia exportou a todo o mundo, probamos a xogar a un futbolín moi especial: un futbolín-humano.




E despóis do futbolín, recibimos as nosas medallas aos mellores xogadores.



Na segunda parte da sesión achegámonos á música.
Coñecemos algúns instrumentos tradicionais.

 E tocamos música xuntos.


E bailamos a muiñeira, pero, non de calquera xeito...

bailámola cos pes descalzos ¡e deixando as nosas pegadas de cores nun papel xigante!

Graciñas ás nosas animadoras desta sesión, por traernos esta xornada tan intensa e divertida. Agardámosvos sempre na biblioteca!

Publicar un comentario