miércoles, 29 de mayo de 2013

Próximo contacontos, na Biblioteca de Chapela


O contacontos ten un chapeo moi especial, unha maleta divertida, con animais salvaxes e contos vivos, cheos de maxia e ilusión.
O Venres 7 de Xuño, ás 18:30 h. traeremos á Biblioteca de Chapela CONTOS VIVOS, un fantástico contacontos saído da maleta do dinamizador cultural Manuel Solla, e co apoio do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
A actividade está dirixida a nenos e nenas de 3 a 10 anos, e aos adultos acompañantes.
A entrada será libre e de balde, ata completar aforamento.

No hay comentarios: