jueves, 13 de junio de 2013

Calpurnia Tate tamén visita ao Club de lectura de adultos

 
 O Club de lectura de adultos de Chapela celebrou este luns a súa derradeira sesión... por este curso... (tranquilos, que non nos imos para non voltar, eh?)
Faremos un descanso nas vacacións, para ler as nosas lecturas, e xuntarnos á volta para recomendarnos cousas novas.

Nesta sesión falamos dun libro que nos resultou a todos moi refrescante, divertido, e... moi axeitado para achegarnos á calor do verán (se é que chega dunha vez).
Desta vez a lectura proposta nos gustou moito a (case) todos, e tróuxonos algo de sabor nostálxico, de lembranza da nosa infancia.
E é que "La evolución de Calpurnia Tate" da neozelandesa-canadiense Jacqueline Kelly, é un libro xuvenil, pensado en lectores e lectoras a partir dos 12 anos, mais ten a peculiaridade de que obtivo maior éxito entre un público adulto que soubo valorar o seu espíritu positivo e a doce morriña que lle traían da máis tenra infancia. Ao cabo, quen non lembra a un avó ou avoa que nos marcara o camiño? quen non recorda aqueles tempos nos que descubriamos a natureza e nos sentiamos felices recollendo bechos, flores ou plantas para aprender delas?

 












O feito é que no club de lectura xuvenil de xa nos achegamos ao libro, e nos gustou tanto que os rapaces llelo recomendaron aos adultos. 
Non é isto unha bonita forma de compartir lecturas?

Deixámosvos unhas últimas fotografías das participantes da sesión, que vos desexan un feliz verán, 

 










mais.... eh! que aínda non nos despedimos!!... 
En xullo prometemos xuntarnos para celebrar a chegada do verán cunha actividade especial... Ou non?
Apetécevos clublectureiros?
 


No hay comentarios: