viernes, 7 de junio de 2013

Contos Vivos: os animáis toman vida nos contos de Manuel Solla

Contos Vivos, o espectáculo de Manuel Solla, animou a última tarde contaconteira da tempada na Biblioteca de Chapela, nunha chuviosa tarde primaveral.
Son contos vivos porque teñen vida, xa que todos eles tratan sobre animáis: animáis do bosque, animáis do mar, animáis voadores, animáis da granxa... todos eles con historias moi curiosas e divertidas.


Luis foi sacando da súa maleta impresionantes, efectos visuais, animáis divertidísimos e algúns trucos de maxia.
A súa mascota convidounos a todos a ler, e fixo grandes amizades cos nosos cativos.  
Os máis ousados, posaron para facer con eles dous esta fermosa fotografía:

Verémonos noutros contos!

A actividade realizouse co apoio do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.



No hay comentarios: