miércoles, 19 de junio de 2013

Despedimos a tempada do club de lectura xuvenil con Roald Dahl

Candidato a se converter no noso autor favorito, Roald Dahl, o inesquecible autor galés de literatura xuvenil, volveu ser o autor da obra seleccionada para esta ocasión, e que recibiu o aplauso unánime de todos os nosos participantes.

As bruxas, pero bruxas modernas..., as que se agochan detrás da apariencia de mulleres amables e normais, pero tamén o seu maléfico afán por rematar con todos os rapaces, as súas xuntanzas segredas... protagonizarán este libro cheo de humor, ironía, misterio e acción trepidante, que fará gozar a rapaces e non tan rapaces.
Durante a sesión, respondimos a moitas preguntas por equipos, fixemos autodefinidos e sopas de letras cos nomes dos protagonistas, e descubrimos a maxia que hai dentro da singular escrita de Roald Dahl.

 

As bruxas teñen poderes, e Leo, a nosa condutora do club de lectura nos amosou que tamén tiña moitos poderes... un deles, o de facer arder un libro coa mirada.
Non o credes?

Aínda que este foi o noso último libro do curso, teremos ocasión de xuntarnos de novo, como xornada de despedida, en dúas semanas. Faremos daquela unha excursión interesante... Xa vos falaremos dela!

No hay comentarios: