jueves, 11 de julio de 2013

Contacontos con Chus Otero na Biblioteca de Chapela



 Este verán a Biblioteca de Chapela ofreceu un contacontos estival que veu refrescar as altas temperaturas deste caloroso verán.


A nosa contadora, Chus Otero, puxo en escea algúns dos contos máis fermosos da nosa biblioteca:
  • Contín Contón
  • Sete ratos cegos
  • A que sabe a Lúa 
Contos que tamén estiveron acompañados de adiviñas, trabalinguas, cancións... e ata chistes, e que nos fixeron pasar a todos un bo anaco desta mañá tan fresca.

A actividade realízase co apoio do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Como nota para subliñar diremos que os rapaces quixeron responder eles mesmos ás nosas enquisas, e que lle puxeron unha moi boa nota á contadora.
 
Graciñas a Chus, e tamén graciñas a todos por vir!
 
Feliz verán e... ata a próxima contada!!
Publicar un comentario