martes, 2 de julio de 2013

Contacontos de verán na Biblioteca de Chapela


Para gozar dun verán con contos, a contadora Chus Otero, achegarase á biblioteca, e nos ofrecerá este espectáculo cheo de contos, cancións, adiviñas... e ata trabalinguas.

Será o vindeiro Xoves 11 de Xullo, ás 12:00 h.

Está pensado para nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, acompañados dun adulto, que queran descubrir o mundo máxico dos contos.
 
A entrada é gratuita e libre ata completar aforamento.

A actividade realízase co apoio do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.


No hay comentarios: