lunes, 15 de julio de 2013

Máis préstamos para o verán na Biblioteca de Chapela



libros para niños - fotos y imagenesCo gallo do seu peche de verán no mes de Agosto, a Biblioteca de Chapela non quere que ninguén se quede sen lecturas para gozar nos longos días estivais. Por iso cada usuario pode duplicar (ou triplicar, se así o quere) o seu número de préstamos, que a partires de hoxe, xa os poderá devolver para o mes de Setembro.

Queremos que en Agosto os libros non se queden na biblioteca, senón que podan ser lidos durante eses días por os nosos usuarios, así que, animádevos a escoller as vosas lecturas de verán!

Ademáis, propoñémosvos a nosa sección especial de libros de cociña de verán, para que practiquedes esta fermosa (e apetitosa) afección durante os vosos días de descanso estival: No verán, todos a cociñar!
E se o voso temor é pasar calor na biblioteca nestes días, non vos preocupedes: a petición dos nosos usuarios, vimos de habilitar un espazo bibliotecario a mar de acolledor no espazo máis fresquiño do Multiusos.

Estamos á vosa disposición ata o día 31 de Xullo, en horario de 9 a 14 h. Agardámosvos!
Publicar un comentario