miércoles, 3 de julio de 2013

Visita do Club Xuvenil de Lectura ao Museo do Mar

O Club Xuvenil de Lectura gozou na mañá de onte dunha actividade especial coa que lle puxo colofón a un ano cheo de lecturas compartidas.


O Museo do Mar de Galicia abriu as súas portas para recibir a estes intrépidos lectores, así como a algúns dos seus amigos, e convidalos a coñecer moitas cousas sobre a nosa tradición mariñeira, os nosos peixes e tamén a facer algúns experimentos.

Descubrimos moitas cousas sobre:
  • As especies que se pescaban tradicionalmente en Galicia.
  • A economía relacionada co mar galego.
  • As artes de pesca tradicionais, en comparación co xeito de pescar na actualidade.
  • As embarcacións pesqueiras.
  • Os traballos relacionados co mundo do mar.
  • As conservas e a industria conserveira en Galicia.
  • As embarcacións pesqueiras.
... E moitas cousas máis.

Experimentamos como é a caza da balea, así como a pesca tradicional da sardiña nunha gamela.

Tamén visitamos o acuario do museo, e coñecemos aos seus habitantes.

Moitas grazas por asisitir... verémonos á volta das vacacións, con máis libros e máis lecturas.

Graciñas, tamén, a Edu, o noso guía, e mais a todo o Departamento de Didáctica do Museo do Mar, por ofrecernos unha actividade tan amena e interesante.
Aquí podedes ver a nova na prensa en papel:



Publicar un comentario