martes, 10 de septiembre de 2013

"Historias da Maletra", contacontos para a volta ao cole, na Biblioteca de Chapela


A Biblioteca de Chapela quere celebrar con nenos e maiores a "temida" volta ao cole.  
Para endulzar este momento contaremos cunha contadora excepcional, que nos dará moitos ánimos e enerxía para retomar as nosas tarefas e rutinas.

O Venres 20 de Setembro, ás 18:30 h., Raquel Queizás estará por primeira vez nas Bibliotecas de Redondela para traernos o seu divertido espectáculo Historias da Maletra.
Con Historias da Maletra viaxaremos polo mundo adiante, coñecendo as diferentes culturas e costumes de todos os continentes. Tamén, coas lendas e historias antigas, redescubriremos a nosa propia historia e cultura galega.

Estades todos convidados. A entrada é gratuita e libre ata completar aforamento.
A actividade realízase co apoio do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Publicar un comentario