jueves, 5 de septiembre de 2013

Sumando esforzos pola lectura

O proxecto Sumando esforzos pola lectura, das Bibliotecas Municipais e Escolares de Redondela, foi seleccionado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para ser presentado no V Encontro de Bibliotecas e Municipio que terá lugar o 1 de outubro en Madrid, na sede do Auditorio da Secretaría de Estado. 

 Este ano o tema elixido foi a colaboración entre as bibliotecas públicas e as bibliotecas escolares. 
 A estrutura do encontro baséase na exposición de boas prácticas por parte do responsable da biblioteca, nesta ocasión, biblioteca pública e biblioteca escolar, e do responsable político, de maneira que se poida mostrar a importancia do apoio do goberno local para ofrecer un servizo de biblioteca de calidade.
 O proxecto será presentado por María Teresa París, concelleira de educación, María Elena Becerra, directora das bibliotecas municipais, Laura Goldar, en representación das bibliotecas escolares e María José Villar, á fronte da Axencia de Lectura Municipal de Chapela. 
 Próximamente poderase acceder ao relatorio a través da web do Ministerio de Cultura.
Publicar un comentario