lunes, 28 de octubre de 2013

Chocos e lectores

Os Clubs de Lectura da Biblioteca de Redondela comezaron a súa singradura neste curso, celebrando as primeiras reunións do ano, que resultaron concorridas, estimulantes e divertidas. 

Os libros tratados neste asalto inicial, "Olive Kitteridge" e "El pájaro espectador", foron propicios para o debate e o intercambio apaixonado de ideas, ofrecendo diversas perspectivas sobre a súa interpretación. Aínda que non levantaron a unanimidad nas críticas favorables, consideráronse en ambos casos obras dignas da súa lectura e posterior comentario. 

Este ano, como novidade, creouse un blog coa idea de apoiar e estimular as lecturas. Éste é o seu enderezo:
                                                         chocosylectores.blogspot.com 
Está aberto aos membros dos clubs de lectura, pero tamén a calquera outra persoa que queira debater en liña sobre os libros do mes.

¡Boa lectura!
Publicar un comentario