viernes, 11 de octubre de 2013

Dende o Punto ao Infinito... xogo e creación de historias na Biblioteca de Chapela


Este venres a Biblioteca de Chapela foi o Punto de partida para que rapaces e rapazas exprimiran a súa imaxinación na creación de historias.

O obradoiro Dende o Punto ao Infinito, achegado polo animador Manuel Solla deu para a diversión e a orixinalidade nestes cativos.

 Mediante o xogo de converternos en Puntos, puntos que se moven, que ocupan un espazo e se comunican.
 Puntos que se expresan no papel, e que se unen para transformarse en debuxos.

 Dos debuxos saen personaxes, espazos e historias.

E as historias voan e nos traen ledicia e emocións.

Moitas grazas a todos por participar nesta creación colectiva.
 
A actividade realizouse co apoio do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Publicar un comentario