jueves, 24 de octubre de 2013

Feliz Día da Biblioteca!



Hoxe, celébrase o DÍA DA BIBLIOTECA, creado en 1997 co fin de concienciar á nosa sociedade da importancia da lectura, especialmente entre os nenos e mozos e para agradecer e potenciar o extraordinario labor dos bibliotecarios e bibliotecarias.  Este ano o cartel e o pregón son de Andrés Rábago e Laura Gallego e os actos conmemorativos celebraranse en todo o territorio español. 
 Redondela súmase a esta celebración cunha emisión radiofónica de breves fragmentos literarios referentes ás bibliotecas, lidos polo persoal da biblioteca municipal e polos bibliotecarios e colaboradores das bibliotecas dos centros de secundaria e do Colexio Vigo. Radio Redondela emitiraos, así como o pregón da escritora Laura Gallego, ao longo do día de hoxe, intercalados na súa programación.

    Noelia,  Pilar, Ramón, Paula, Rosa, David, Caty, Pilar, Olga, Cote, María José ,  Mª Elena  e Radio Redondela deséxanvos un FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA!!!


Publicar un comentario