miércoles, 9 de octubre de 2013

Prazas libres nos clubs de lectura da Biblioteca de Chapela

A Biblioteca de Chapela abre prazas para quenes desexen incorporarse a os seus clubs de lectura. 
Os clubs reunímonos unha vez ao mes, dende Outubro e ata Xuño.
Lembramos que a participación neles é, coma sempre, gratuita, e os libros a ler para as xuntanzas proporciónaos mediante préstamo a biblioteca.
Inscribiremos novos membros no club, por rigurosa orde de chegada.
Para participar nos clubs é imprescindible facerse socio da biblioteca. Poden anotarse presencialmente ou a través do noso teléfono ou ben o noso correo electrónico: ver AQUÍ.

- Idades: a partir de 18 anos, calquera idade
- Xuntanzas: Un luns ao mes, de 20:00 a 21:30 h.
- Prazas vacantes: 4
    Estamos a ler: Olive Kitteridge, de Elizabeth Strout.
   Comentarémolo na xuntanza do día: Luns 21 de Outubro.

- Idades: de 10 a 14 anos
- Xuntanzas: Un xoves ao mes, de 18:30 a 20:00 h.
- Prazas vacantes: 8
       Estamos a ler: Cómics de Tintín, con títulos variados.
      Comentarémolo na xuntanza do día: Xoves 24 de Outubro.

Animádevos a participar!
Publicar un comentario