jueves, 14 de noviembre de 2013

A Biblioteca de Redondela no Simposio sobre a Biblioteca e o Entorno Dixital

Hoxe, xoves 14 de novembro, tivo lugar a décima edición do Simposio anual organizado pola Asociación Galega de Editores co patrocinio de CEDRO, que contou coa nosa directora, Mª Elena Becerra na mesa de debate xunto con Mabela Casal, directora da Biblioteca Universitaria de Santiago, e o director de Nube dixital e o director de Xercode.
 Outros relatores no Simposio: Cristina Novoa, coordinadora de Bibliotecas Escolares da Consellería de Educación, Luz Corral, directora das Bibliotecas Municipais de Oleiros, Catuxa Seoane, coordinadora das Bibliotecas Municipais de A Coruña, Francisco Domínguez, director da Biblioteca Penzol, María del Mar Lauroba, directora da Biblioteca Nodal Miguel G. Garcés da Coruña.
A conferencia inagural correu da man de Jordi Permanyer, xerente das Bibliotecas da Diputación de Barcelona.
O Simposio pechou coa intervención do escritor, Suso de Toro.
A actividade xa é todo un referente no sector do libro en Galicia, tanto pola calidade e cantidade das aportacións dos participantes reunidos ata esta data, como polo interese e asistencia de público profesional interesado en poñerse ao día das novidades e tendencias relacionadas co sector. Máis de 90 profesionais bibliotecarios, profesores, editores, etcétera, participarán na xornada que que versará sobre O futuro dá biblioteca no ámbito dixital. Colaboran o Consello dá Cultura Galega, en cuxo auditorio ten lugar a actividade e a Secretaría Xeral de Cultura. A organización elaborou un programa que considera dúas conferencias, un panel e unha mesa redonda.












Publicar un comentario