miércoles, 27 de noviembre de 2013

Comeza a elección do Libro do Ano 2013

(ilustración de Laura Dinello)
Como xa vos indicamos nunha entrada anterior, hoxe dá comezo a votación para elixir o libro preferido polos nosos usuarios das bibliotecas de Redondela,  dos editados no ano 2013.
De entre os participantes, faremos un sorteo dun exemplar do libro que teña recibido máis votos, tanto do libro de adultos, entre os adultos, como do libro de rapaces, entre os menores de 14 anos.
 Os dous requisitos para participar:
- Ser socio da Biblioteca
 - Seleccionar un libro publicado neste ano 2013.
 As votacións se farán nas furnas que, para a ocasión, temos na Biblioteca Municipal e na Axencia de Lectura Municipal (Chapela).

No hay comentarios: