miércoles, 6 de noviembre de 2013

MPK magazine 02

Xa está na Biblioteca e nas rúas de Vigo o NÚMERO 2 da revista cultural e de entretemento MPK MAGAZINE.


Editada pola asociación cultural MPK e de tirada estacional, distribúese a través dos seus "Puntos de Lectura" que se poden consultar na súa páxina web:www.mpkmagazine.com onde figuran locais tan emblemáticos do barrio vello vigués como A Pedra, A Lareira, A Pintxoteca, El Águila, Lobo do Mar etc.. A este respecto, Óscar Torres director e impulsador do proxecto di: Somos unha revista pequena, cun presuposto moi axustado e que non pode permitirse grandes tiradas, polo que optamos por imprimir un número reducido de exemplares e distribuílos entre os nosos puntos de lectura, xeralmente negocios de restauración.” 

Aínda que a revista impresa é unicamente distribuída en galego, a páxina web da asociación tamén ofrece a posibilidade de lectura e descarga en castelán para os lectores de fóra da comunidade autónoma.

MPK nace segundo os seus creadores, da necesidade de cubrir un oco na cultura viguesa de editar e potenciar unha revista cultural en galego. A súa finalidade non é outra que a entreter e achegar ao lector as tendencias culturais do momento, tanto de dentro coma de fóra de Galicia.

Páxina web: www.mpkmagazine.com
Facebook: https://www.facebook.com/MPKmagazine
Twitter: @MPKmagazine
Correo: MPKmagazine@gmail.com


No hay comentarios: