lunes, 23 de diciembre de 2013

O club de lectura xuvenil despide o ano cunha novela ecoloxista e solidaria

A pasada semana celebramos no club xuvenil de lectura a nosa última xornada antes do Nadal. Despedida do ano e encontro especial, lendo unha das novelas que máis nos gustaron: El camello de hojalata, unha novela sobre ecoloxía, solidariedade e convivencia ambientada nun pobre suburbio dunha grande cidade.

Portada do libro e mais retrato do seu autor, nun encontro con cativos dunha biblioteca

"¡Que Dios nos libre del ingeniero del agua!" parece ser a frase que máis repiten os personaxes do libro, e é que a ambición, neste caso representada por o enxeñeiro da auga, que dacabalo dun camelo de folla de lata (motocicleta) fan que a sobreexplotación dos recursos naturais dun teritorio só lles achegue a ruina aos seus habitantes.

O libro deu para moitos comentarios, e para falar sobre a escasez de recursos e o consumo responsable dos bens e da enerxía. Tamén Leo nos contou moitas anécdotas curiosas.
Ao rematar, celebramos xuntos a despedida do ano, cunha doce petiscada que preparamos para a ocasión.
Moi feliz Nadal, e verémonos no 2014 con máis lecturas.

No hay comentarios: