jueves, 5 de diciembre de 2013

Sacapenas... fermosos Sacapenas na biblioteca


Na Biblioteca de Chapela estamos encantados co noso amigo Adrián, pois ademáis de ter unha sensibilidade moi especial para achegarse aos libros, sabe sacarlle un partido moi especial ás súas lecturas e, o máis importante, contaxiar á súa contorna familiar nos seus gustos.
Adrián, de 3 anos, coñeceu o libro Sacapenas, da fantástica editora Kalandraka, e quedou namorado desta historia. Tanto foi, que o leu e o releu o libro miles de veces (coa axuda, cómo non, dos seus pacientes e moi atentos pais). 

Como quería quitar algo máis do libro, este inquedo cativo decidiu que era boa idea que eles mesmos tamén construiran os seus Sacapenas e, como nos gustaron moito os que fixo, hoxe nos achegou á biblioteca dous Sacapenas, que construiron especialmente para nós.


Non é fermoso? Va que son moi riquiños? Agora só nos queda poñerlles nome, coma no libro. Ocórresevos algunha idea?
Publicar un comentario