jueves, 5 de diciembre de 2013

Xa chega..enTRENando!!!

Xa está moi preto, este luns concretamente, a sesión extraordinaria dos clubs de lectura, dedicada nesta ocasión ao Tren e a súa relación coa literatura. Temos ademais o pracer de contar coa presenza de Francisco JGil, xornalista, escritor e vicepresidente da Asociación Viguesa de Amigos del Ferrocarril y Tranvías (AVAFT). Un auténtico luxo!
Francisco J. Gil foi redactor e xefe de sección de Faro de Vigo entre 1982 e 2000. Desempeñou funcións de redactor e xefe das seccións de información local, Economía e nos últimos sete anos (1993-2000) de Cultura e Sociedade. Tamén foi corresponsal de TVE en Vigo, guionista deTVG e corresponsal en Galicia da revista Tiempo. Dende hai cinco anos dirixe "Cousas de Comer" un magazine de gastronomía que se  emite en Telemiño (OurenseSantiago TV (Santiago) e Localia(Vigo) e escribe as páxinas de gastronomía e viños en La Región e Atlántico Diario.

Paralelamente desenvolveu unha ampla actividade no campo da divulgación científica, como comisario da exposición "El universo y la conquista del espacio" e do programa "Feliz Aniversario HAL", ambos os dous en 2001 para o Concello de Vigo. Dirixiu o programa "Habla ISS" e a exposición "Palabras polo aire", para a Axencia Espacial Europea (2003). Máis recentemente, dirixiu a publicación de "A ciencia do ceo" (2010), libro do que tamén é coautor.

Ademais de afeccionado ao ferrocarril é vicepresidente da Asociación Viguesa de Amigos del Ferrocarril y Tranvías (AVAFT). Publicou o capítulo "El ferrocarril llega a Galicia" no libro editado por Faro de Vigo "Historia de las rías" (2001), as voces relacionadas co ferrocarril na Enciclopedia Galega Universal, e escribiu o guión e dirixiu para TVE o documental "Transfesa, la aventura gallega en el  ferrocarril europeo" (2004). A súa última andanza ferroviaria foi comisionar a exposición "Vento e Vapor" coa que o Club Náutico de Vigo celebrou o seu centenario.

Como escritor publicou máis dunha vintena de libros. Entre outros:
"Phiccións", coautor (2000); "50 rutas para conocer Galicia" (2002), "Carlos Casares, os amigos, as imaxes, as palabras", coautor (2004); "La cocina del mar en Galicia" (2005), "La gastronomía del Eixo Atlántico" (2007), "Balnearios do Eixo Atlántico" (2008), "Catro pobos, catro cociñas" (2009), "La ciencia del cielo", (2010); "Portomarín" (2011), "Gastronomía y Artesanía de Galicia y el Norte de Portugal" (2012).

 Non vos perdades o seu blog Redondelan Express

No hay comentarios: