viernes, 31 de enero de 2014

Celebración do Día da Ilustración, na Biblioteca de Chapela


Galicia celebraba este xoves, 30 de Xaneiro, o Día da Ilustración, unha efeméride que se fai coincidir co aniversario do nacemento de Castelao, gran promotor da ilustración editorial en Galicia.

Para festexar esta data, na Biblioteca de Chapela convidamos a todos os nenos da contorna a vir á biblioteca a facer un debuxo do seu personaxe literario preferido.

E foron moitos rapaces, e tamén algúns adultos, os que se animaron a deixarnos os seus agasallos ilustrados.

Os participantes levaron á casa un pequeno agasallo, en forma de divertidos libros e mais deliciosos caramelos.

E os debuxos poderán verse todo o ano nun mural da biblioteca.



Graciñas a todos por vir! Velaquí podedes ver os vosos traballos:

No hay comentarios: