domingo, 9 de febrero de 2014

De Amor e de Palabras

Na biblioteca pensamos que o Amor é un sentimento universal e que enriquece e da felicidade a todos os seres humanos. 
O 14 de Febreiro, adicado a San Valentín, deu en celebrarse como o Día dos Namorados. Aínda que hoxe se critica como un invento para promover o consumismo, en realidade as súas orixes son antigas (século III, durante o Imperio Romano), e as tradicións populares relacionadas coa festividade se veñen estendendo polos países europeos dende o século XVII.

Ainda que sabemos que todo o ano debe ser "San Valentín", porque as demostracións de amor e mais de afecto non deben ter data prefixada, queremos facer un guiño a esta efeméride para achegarnos á poesía.

Pedimos a vosa participación para encher o noso muro de Facebook de poemas de amor: os que máis vos gusten, os que atopedes máis románticos, máis sensibles, máis graciosos ou, por que non?, máis ridículos...

Consideraremos o amor no seu sentido amplo, así que, ademáis do amor romántico ou erótico, tamén podedes recoller o amor fraternal, filial, materno, paterno... nos vosos poemas.

Pedímosvos que continuedes esta nota para incorporar nela os poemas de amor que nos propoñades. Poden ser poemas famosos, publicados por autores recoñecidos, pero tamén os vosos propios versos, se é que tedes vos apetece aventurarvos no mundo da creación poética.

Dende o venres 7 de Febreiro e ata o venres 14 de Febreiro, todo o día, animámosvos a subir as vosas propostas poéticas.

Entre todos os que participedes sortearemos un pequeno agasallo, formado por un fermoso poemario de Juana Inés de la Cruz e mais un elegante marcapáxinas. O luns 17 daremos a coñecer ao agraciado co premio.

AS "INSTRUCCIÓNS" A SEGUIR:
- Os poemas poderán ser en galego, en castelán e tamén en inglés.
- Pedimos que os encabecedes co título do poema e mais o nome do autor (o nome ou seudónimo co que é coñecido ou, no caso de selo, "anónimo").
- Poderán ser poemas de autores recoñecidos, pero tamén as vosas propias creacións.
- Agradecémosvos que non superen os 40 versos.
- Indicarédelos en mensaxes continuando a nota que puxemos (ver AQUÍ).
- Podedes participar con máis dun poema, pero cada un dos participantes contará unha soa vez para o noso sorteo.


Para animarvos, imos poñer nós os tres primeiros exemplos, cada un deles nunha das linguas sinaladas.

E agora... atrevédesvos a facerlle un canto ao amor?
Publicar un comentario