martes, 18 de febrero de 2014

E comeron perdices...

Algunhas das participantes nas nosas citas a cegas... elas ou as fotografías que nos deixaron nas redes sociais
(aínda que non se fixeran fotos, temos que dicir que tamén houbo homes que participaron neste xogo lector)
A pasada semana celebramos San Valentín nas bibliotecas públicas de Redondela ofrecendo aos nosos usuarios unhas curiosas e tentadoras citas a cegas cos libros
 
http://bibliotecasredondela.blogspot.com.es/2014/02/citas-as-cegas-puntos-de-encontro.html
Préme na foto para ver os nosos puntos de encontro romántico-lector
Temos que darvos as GRAZAS a todos os e as participantes. Foi unha sorpresa abrir as bibliotecas e observar que se nos achegaban persoas ilusionadas con este pequeno xogo... lectores e lectoras afoutos que, cun sorriso nos beizos, decidían "arriscarse" a unha proposta lectora das bibliotecas, completamente a cegas. 
As nosas citas románticas libro-lector foron moitas. O feito é que na Biblioteca Valle-Inclán de Redondela as propostas lectoras se esgotaron no mesmo Venres 14:

Así quedou a estantería das citas a cegas en Redondela (Venres 14, ás 8 pm)

 En Chapela houbo que ampliar a oferta de libros para estes préstamos especiais, porque na véspera do romántico día 14, só nos quedaron dous libros para emparellar.
En Chapela aumentamos o número de libros destinados ás citas
Estamos moi satisfeitos coa resposta que obtivemos cos nosos lectores, e tamén polo entusiasmo e seguemento que a actividade xerou nas redes sociais, con felicitacións e notas entusiasmadas por parte dos e das participantes... incluso fotos cos libros!

Pero, sobre todo, porque as citas están a resultar moi ben. Estamos a recibir moitos comentarios de satisfacción acerca dos libros que estes lectores arriscados levaron á casa, e da sensación que están a ter coa súa lectura. En moitos casos, como nos comentan, non se lles tería ocorrido escoller estes títulos, e o grande pracer que lles supón este descubrimento lector.

Felicitámonos... e felicitámosvos a todos e todas pola experiencia... grazas por participar, grazas por difundilo e, sobre todo, grazas por gozalo connosco! 

E ademáis... hoxe daremos o nome do gañador/-ra do sorteo entre os participantes na nosa proposta "De amor e de palabras", de encher de poesía a nosa rede Facebook. A participación, nesta, tamén foi moi interesante. Grazas tamén por estar ahí!
Publicar un comentario