miércoles, 5 de marzo de 2014

Aprendendo a contar contos... en Libros para Soñar

No mes de Febreiro pudemos asistir a un interesante e divertido curso relacionado co mundo dos contos. No noso interese por aprender cousas novas achegámonos á librería Libros para Soñar, no casco vello de Vigo, para participar no curso de contacontos impartido pola actriz e contadora Bea Campos (Migallas Teatro).
Con Bea Campos, despois dunha xornada moi intensa de contos

Durante unha semana de curso coñecemos aspectos moi interesantes sobre como narrar un conto, como facelo saír dos libros e emocionar aos nosos oíntes e as técnicas para facer ao público partícipar da historia que estamos a contar.

Ademáis de técnicas vocais e de expresión corporal, aprendemos moito sobre literatura oral, como a diferenciar entre os contos chamados de animáis e os contos fantásticos, concebidos para etapas diferentes da infancia, así como os álbumes ilustrados, creación de autor, que ás veces tamén están orientados de cara a un público adulto. Coñecimos aos especialistas na literatura oral, galega e internacional, e tamén o o traballo de editoriais especializadas neste eido.

A xestualidade, a poición do corpo, o uso da voz, a sorpresa, a emoción e o sentido do humor... todos son aspectos importantes para contar un conto, como tamén o é suxeitar ben o libro.


Neste álbum de fotos podedes ver que somos un grupo moi expresivo e animado contando. Algúns dos nosos compañeiros se estrearon contando contos o pasado venres na librería.


No curso tivemos tamén a sorte de coincidir con Iria, do Centro de Día Arela, que nos falou de como aos maiores tamén lles gustan os contos, e tamén con moitos outros profesionais, afeccionados, nais, pais e amantes da narración oral.
Iria, do Centro de Día Arela conta o seu conto

E velaquí contando un conto da nosa biblioteca: Contín contón, de Antón Cortizas.
A nosa compañeira Mª José, moi concentrada contando un conto

No hay comentarios: