lunes, 3 de marzo de 2014

O club de lectura xuvenil e os homes-máquina

O libro do club de lectura xuvenil do mes de febreiro foi moi ben acollido polos nosos participantes, que xa amosan sentido crítico ao achegarase ás súas lecturas.

"El secreto del Dr. Givert", do autor catalán Agustí Alcoberro, pareceunos moi entretido: Barcelona e as súas rúas do Ensanche, uns robots moi perfeccionados e dous amigos que queren desvelar unha inquedante verdade, son os ingredientes desta novela breve pero moi entretida, que nos atrapa ata chegar ao final.




Mais o desenlace da historia non convenceu a todos, xa que foron algúns os que o consideraron moi precipitado. Este aspecto, e mais algúns detalles da trama foron enchendo a nosa conversa entorno a esta novela.

Os robots imitadores dos humanos. A inquedante idea o noso debate, paraara practicar un xogo moi divertido: "os replicantes".





A próxima xuntanza terá lugar a mediaos de marzo, co libro "¡Qué suerte hemos tenido con Paule!" , que xa estamos a ler.
Publicar un comentario