viernes, 25 de abril de 2014

Exposición Multilingüe no Multiusos de Redondela

Dentro da VI Semana do Libro: A Festa das Palabrase despois do seu paso polo Multiusos de Chapela, xa temos aquí o que xa é un clásico da nosa celebración do mes dedicado ao libro: a exposición multilingüe, con libros e documentos nas diversas linguas da Península Ibérica (éuscaro, aranés, asturiano, aragonés, portugués, castelán, galego, catalán)
Ata o 30 de abril no  Multiusos da Xunqueira.

En fronte da exposición, podedes encontrar todos estes días, gran variedade de marcapáxinas para todos aqueles que gustades de coleccionalos.
Antes de rematar este post, unhas palabras de agradecemento a José Manuel Monroy que se envorcou na montaxe da exposición, buscando solucións e achegando ideas para que lucise do mellor modo posible.
Así mesmo a David que nos axudou na súa montaxe


Publicar un comentario