miércoles, 2 de abril de 2014

Día do Libro Infantil e Xuvenil: as Bibliotecas de Redondela participan na súa conmemoración


Hoxe, 2 de Abril, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, por ser a data de nacemento de Hans Christian Andersen (2 de Abril de 1805).

O IBBY (International Board on Books for Young People), representado en España pola OEPLI (ou Organizacion Española para o Libro Infantil e Xuvenil), realiza dende 1967 esta conmemoración anual, representada nun cartel e nunha mensaxe, da que cada ano se ocupa unha sección  local da propia organización.
Neste 2014 a encargada de facelo foi a sección irlandesa. A autoría do cartel de NIAMH SHARKEY.

A autora SIOBHÁN PARKINSON ocupouse deste ano da mensaxe conmemorativa: "Carta aos nenos do mundo"
 

Bibliotecas, librerías e entidades relacionadas co mundo do libro infantil celebran en toda España actos e actividades especiais para conmemorar esta data. Entre elas podedes ver ás Bibliotecas Municipais de Redondela.

 
Mandalas de Conto, hoxe na Biblioteca de Redondela e A ciencia é divertida, o venres na Biblioteca de Chapela, son as dúas actividades con que as Bibliotecas Municipais de Redondela participamos nesta conmemoración.
Publicar un comentario