miércoles, 9 de abril de 2014

O Valego, con Xosé-Henrique Costas, onte na Casa da Cultura de Redondela



Moi interesante e instrutiva a charla de onte sobre "as falas de orixe galega do Val do Ellas". Alén dos aspectos lingüísticos e sociolingüísticos cos que nos ilustrou X. Henrique Costas, abriunos tamén os ollos sobre a necesidade de respecto da diversidade lingüística e do deber de esixirmos que se cumpra a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias. Ademais, agora devecemos tamén por visitar ese val e falar en galego cos habitantes de San Martín de Trebello, As Ellas e Valverde do Fresno.

A actividade estaba organizada polas Bibliotecas Municipais e mais o Servizo de Normalización Linguística de Redondela, dentro do programa da VI Semana do Libro: A festa das palabras.
Publicar un comentario