lunes, 19 de mayo de 2014

Contacontos e títeres na Biblioteca de Chapela


Na Biblioteca de Chapela festexaremos un final do mes de maio espectacular e chea de conto. De novo contaremos co alumnado do C.S. de Educación Infantil do IES Chapela que, despois de amosarnos o seu teatro de sombras en días pasados, achegarannos desta vez os seus títeres e mais os contos artesanais que levan elaborando nesta tempada.

Serán dúas sesións diferentes, e de seguro moi divertidas. Están indicados para público infantil de aproximadamente entre 3 e 8 anos.

Os espectáculos terán unha hora e media de duración, e comezarán nos horarios:
  • Martes 27 de Maio - Ás 19:00 h.
  • Venres 30 de Maio - Ás 17:30 h.
A entrada será libre e gratuita, ata completar o aforamento.
Publicar un comentario