sábado, 17 de mayo de 2014

Feliz Día das Letras Galegas 2014!

Que pena que non teñamos a gravación pero, prometido, a próxima semana subimos todas as fotos.
Mentres tanto querémosvos felicitar o día de hoxe ao ritmo rapeiro de Migallas,  cunha canción que "bordaron" na I Quedada Literaria do pasado xoves en Vigo, os alumnos de 4º de primaria do CEP Santa Mariña.


"Que falemos en galego
é unha cousa natural,
coma a chuvia no inverno
e a calor no verán.
¡En galego!¡Xa!¡Si! (Bis)
Inda hai pais que non lles falan
ós seus fillos en galego
porque pensan que é unha lingua
para pobres e "paletos".
Ós teus pais animarás
a falarche en galego,
que non che van saír grans
nin tampouco cae o pelo.


Hai rapaces e rapazas
que ó ir ó instituto
non queren falar galego
porque din que é montuno.
Mais se alguén che fai tilín
e o queres namorar
faille as beiras en galego,
¡de seguro ligarás!
Hai rapaces e rapazas
que queren falar galego
pero aínda non o falan
porque din que teñen erros.
Anque o fales todo o día
non che pode sentar mal.
Nin dá mocos, nin dá febre.
¡Fai a proba e xa verás!

Falemos a nosa lingua
que é unha lingua moi moderna,
nas escolas e nas casas
nas cidades e aldeas.
¡En galego!¡Xa!¡Si!"

Letra de Migallas: O rap da lingua.
Publicar un comentario