jueves, 8 de mayo de 2014

I Quedada Literaria de Vigo e Bisbarra


O CEP Santa Mariña e a Biblioteca Municipal tomarán parte na 
I Quedada Literaria de Vigo e Bisbarra

Nove centros educativos participarán nesta actividade organizada polo Cifp Manuel Antonio e que conta co impulso e colaboración do Concello de Vigo a través das concellerías de educación e normalización lingüística.
 O parque de Castrelos acollerá o xoves 15 de maio, de 10:00 a 13:00 h. a preto de 426 alumnos, de distintos niveis, de centros educativos de Vigo, Porriño e Redondela que, a través de lecturas compartidas, cancións, poesias e actuacións diversas, renderán unha homenaxe ao libro e á lectura nestas datas tan sinaladas para as letras galegas
O acto de clausura será conducido por Uxía Blanco.
 Por parte do CEP Santa Mariña participarán 54 alumnos de 4º de primaria acompañados polos seus profesores. A Biblioteca Municipal, que participa anualmente nas Xornadas de Bibliotecas de Vigo e Bisbarra nas que naceu a semente desta actividade, estará representada polos seus responsables.





Publicar un comentario