jueves, 29 de mayo de 2014

"Ilustrando a Natureza": obradoiro de ilustración

A biblioteca municipal de Redondela e a Fundación Filomena Rivero Alonso organizan un taller de ilustración baixo o título "Ilustrando a natureza", a cargo do ilustrador e humorista gráfico, Xosé Tomás.

 Neste obradoiro os nenos deseñarán personaxes, personificarán animais, ilustrarán poesias sobre plantas, deseñarán fauna extincta, crearán fauna posible,...todo o que a imaxinación permita e todo dentro do ámbito que propician as distintas conmemoracións, relacionadas coa natureza e o medioambiente, que se celebrarán este próximo mes de xuño a nivel internacional. 

 Esta actividade componse de dúas sesións que se realizarán o 10 e 11 de xuño, de 17:30 a 19: 30 h. na sala infantil da biblioteca municipal e está destinada a nenos de 9 a 12 anos. A actividade é gratuíta. O número de prazas está limitado, polo que é necesaria a inscrición previa que se realizará nas dependencias da biblioteca ou no teléfono 986 40 15 61.


Publicar un comentario