jueves, 22 de mayo de 2014

Palma, repalma, bebecontos

(ilustración de Gianluca Foli)
Sesión de contos, arrolos, cantos e ladaíñas para nenos de 0 a 3 anos por Pavís Pavós 
 Trátase dunha sesión na que os participantes escoitarán pequenas historias apropiadas para as primeiras idades, historias que falan de cousas cotiás enlazadas con ditos e cancións tradicionais e algunha composta adrede para esta función. As cores, as formas, os sons, o xogo e o ritmo conforman o seu eixo.



 Esta sesión vai dirixida aos bebés que poderán seguila dende o colo da súa nai, pai ou adulto que os acompañe e tamén a calquera cativo de até 3 anos que poderá gozar igualmente destas pequenas historias e xogos. 

 De balde. Prazas limitadas. Inscrición na Biblioteca Municipal (Tfno. 986 40 15 61) 
Programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.
Publicar un comentario