martes, 3 de junio de 2014

Libros de Abril e mais de Maio nos clubs de lectura de adultos

Os clubs de Redondela e mais de Chapela están a intercambiar as súas lecturas ao longo destes meses: un libro se le e se comenta en Redondela, e no mes seguinte, en Chapela, e viceversa. 

Claro que ningunha sesión é igual nun club que noutro, aínda que se trate do mesmo libro, e as opinións e os aspectos a destacar difiren, como diferentes son as persoas que compoñen cada grupo.

http://chocosylectores.blogspot.com.es/2014/04/el-largo-adios.html
Na última sesión, por exemplo, o Club de Chapela tivo a unha convidada de Redondela na súa xuntanza, Marta, que pudo comprobar como dúas xuntanzas nunca se asemellan, aínda que traten sobre o mesmo libro.

Ademáis, seguindo o seu exemplo, para este mes de Xuño, os membros dos nosos dous clubs están convidados a visitarse mutuamente xa que, neste caso, as lecturas deste mes serán distintas nun club e noutro.


Nestas dúas últimas sesións achegámonos a dous escritores destacados na narrativa dos Estados Unidos. Escritores de referencia que, ademáis, gozaron de diferentes experiencias na meca cinematográfica de Hollywood, e con vidas marcadas a partes iguais polo éxito do seu traballo e o drama do alcoholismo:

Ver aquí o que se veu cociñando nos clubs sobre:
E, para complementar, achegámosvos aquí os trailers das versións cinematográficas de:
 
 

Grazas a todos por facer tantos comentarios, e ao noso coordinador do club polo excelente traballo feito.
Publicar un comentario