lunes, 14 de julio de 2014

"Choquea" no verán cos nosos clubs de lectura

Os clubs de lectura de Redondela aprazan as súas reunións presenciais ata setembro, pero non así os encontros virtuais. 
A petición dos seus membros, en verán continuará a actividade no blog do proxecto, chocosylectores.blogspot.com,  cunha iniciativa que pretende ser refrescante e participativa á vez.:


Cada quince días se publican dous novos relatos curtos, un dun autor consagrado e o outro creado por algún dos participantes, de tal maneira que todos poidamos seguir lendo e opinando sobre esas lecturas.

 Esta actividade, como todas as da rede, está aberta á participación de todos os internautas que así o desexen;  poderán unirse enviando os seus contos á dirección de correo chocosylectores@yahoo.es

Así mesmo, poden remitirse fotografías que xunten libros e praia para ilustrar as entradas do blog. 

Afiamos os lapis?
Publicar un comentario