viernes, 18 de julio de 2014

Visita á biblioteca de Chapela dos rapaces de Verán con Simona

Nesta semana a Biblioteca de Chapela tivo o pracer de recibir a visita dos rapaces do grupo de Chapela do Programa Municipal de Conciliación Verán con Simona.


Estes rapaces que pasan as mañás de todo o mes de xullo facendo xogos e actividades no Multiusos de Chapela, cambiaron o seu ritmo cotián para achegarse á nosa biblioteca e coñecer os seus libros e o seu funcionamento. 
 
Algúns destes cativos xa son vellos coñecidos da biblioteca, mais para outros era o seu primeiro achegamento ás nosas instalación e os nosos libros.


Durante a visita contamos un conto e traballamos co kamishibai, participando conxuntamente na adaptación dunha historia, como xa temos traballado na biblioteca noutras ocasións.

O conto estaba protagonizado por unha maceira, e as mazás se convertiron nun delicioso e nutritivo agasallo para rematar a visita cos cativos.
Os nosos participantes quedaron moi contentos coa actividade, e ao día seguinte puderon ser espectadores dun conto elaborado a través do seu propio traballo.
 
Na biblioteca tamén quedamos moi contentos, xa que traballaron moito e se portaron fenomenal connosco.

Agradecemos aquí ao Programa Verán con Simona, e ás súas monitoras, Begoña e mais Mara, por achegar os rapaces á biblioteca esta mañá. Asimesmo damos o noso agradecemento máis especial a Roberto e a Mercedes, voluntarios habituais da biblioteca, pola súa axuda e o seu entusiasmo en participar connosco.

Ademáis de axudarnos na realizacion da actividade, Roberto e Mercedes colaboraron no apartado gráfico. Mercedes nos fixo unha estupenda reportaxe fotográfica, e Roberto, este pequeno vídeo que podedes ver aquí:
Publicar un comentario