martes, 16 de septiembre de 2014

A Biblioteca de Chapela abre prazas para un club infantil de lectura

A Biblioteca de Chapela abre unha nova etapa do club infantil de lectura, para rapaces e rapazas de entre 7 e 10 anos.
Se estades nesa idade e vos gusta ler, ou queredes ter máis motivación coa lectura, no club pasarédelo moi moi ben.
O CLUB:
  • Comezaremos a primeira sesión o mércores 15 de Outubro.
  • Xuntarémonos un mércores ao mes, dende Outubro e ata Xuño. 
  • O horario será de 6:30 p.m. ata 7:30 p.m. 
  • Lemos un libro ao mes. O libro volo emprestamos na biblioteca para que o leades na casa, e teredes que devolvelo na seguinte sesión.
  • A condutora do club é a nosa coñecida Leo Leíño, coa que sempre aprendemos e o pasamos moi ben.
  • Ademáis das sesións habituais, teremos actividades especiais, e moitas sorpresas.
É NECESARIO:
  • Facerse socio da biblioteca.
  • Anotarse no club, antes do 15 de Outubro, e mentres queden prazas libres.

Para os que xa sexades socios das bibliotecas de Redondela, podedes anotarvos por teléfono (tlf: 986-454-226, en horario de atención ao público) ou ben o noso correo electrónico: bibliotecachapela@redondela.es

 
Animádevos a participar!
Publicar un comentario